VISITA AO CAMPO ARQUEOLÓXICO DE LÁNSBRICA
O pasado venres 6 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º da ESO visitamos o Museo de San Cibrao de Las, en Ourense. Recorremos un dos castros máis grandes de Galicia, coñecido como “A Cidade”. Ademais, visitamos o centro de interpretación, que garda os restos arqueolóxicos atopados no xacemento, o que nos permitiu coñecer mellor a cultura castrexa e a forma de vida da época.
Tamén participamos nun taller de arqueoloxía no que puidemos converternos en arqueólogos por un día. Primeiro realizamos a escavación; despois limpamos, rexistramos e clasificamos os obxectos atopados coa axuda dunha ficha. Había todo tipo de pezas: moedas, restos de cerámica, tellas, sílex… Ao rematar, compartimos os nosos descubrimentos co resto da clase.
Ademais de ampliar os nosos coñecementos, tamén compartimos bos momentos cos nosos compañeir@s e profesor@s. Foi unha experiencia moi interesante, polo que esperamos que haxa máis excursións coma esta ao longo do curso.
Artículo realizado por Mia Durán Rodríguez de 1º ESO