Chegado o tempo de outono tamén chega o tempo de “vendima”, algo novidoso para as clases de 5º e 6º de Educación Infantil.
Este ano tivemos a sorte de que un veciño do noso colexio nos convidara a vendimar na sua finca.
Todos preparados con botas, mandilóns e tesoiras que levaba a mestra dirixímonos as dúas clases cara a finca e as vides.
Ao chegar recibiunos a avoa Isabel que nos acompañou en todo momento e axudou na tarefa de vendimar.
As nenas e os nenos aprenderon vocabulario: mosto, capacho, barril, estruxadora,… Saborearon as uvas, veron as vides, os ácimos nelas,…
Viron como funcionaba a estruxadora enriba dos bocois, a bodega,… e uliron o viño a ferver.
Unha experiencia moi enriquecedora.
02
Oct
Objetivo: Mejorar la convivencia escolar.