O venres 14 de Abril celebramos o Tui Le no concello de Tui. Trátase dun conxunto de actividades no que participan as diferentes bibliotecas escolares e a Biblioteca Municipal de Tui, todas elas dinamizadoras da lingua galega que trata de abordar o fomento da lectura, o coñecemento da nosa cultura e a relacións entre os diferentes colexios do concello entre outros moitos aspectos.
No noso caso poidemos asistir as clases de 5ºEI e de 2º ESO para ver en directo diferentes espectáculos, facer un intercambio de libros, apreciar os carteis elaborados por cada colexio baixo a temática do homenaxeado este ano 2023 no Día das Letras galegas, Francisco Fernández del Riego, así como estra en contacto con alumnos de outros colexios do noso concello.
Foi unha xornada moi enriquecedora para tod@s, esperamos volver o próximo curso.