Como xa é tradición no noso Centro, comezamos a Semana Solidaria.
Este ano relacionarémola co lema da ONGD SED:
“Escoita. Plantemos as bases, sementemos futuro”.
As actividades que imos realizar esta Semana, son moitas e variadas ademáis de moi interesantes:
- Haberá unha exposición no hall relacionada con Mozambique.
- Para o alumnado, a partir de 5º de EP ata 4º da ESO van participar nunhas charlas impartidas por o Irmán Santiago. As charlas teñen o obxetivo de dar a conocer a súa experiencia personal en África.
- Imos participar no Challenge solidario “ reCORRIENDOpuentes” España- 8.088km de Solidariedade.
- Entrega das camisetas nas que veñen reflectidos os ODS da Axenda 20-30
- O mércores teremos un Recreo Solidario.
Sabedes que todos os beneficios son destinados integramente á ONGD SED que os distribuirá da mellor maneira entre os diferentes proxectos que realiza en distintos países de Latinoamérica e África.
Se queredes ter máis información sobre a ONGD SED e os proxectos solidarios podedes consultar no súa web https://sed-ongd.org/
Gracias pola vosa colaboración.
Entre todos podemos facer un mundo mellor.