Un ano máis o noso colexio vístese de gala para celebrar a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía. Dende o 18 ao 22 de novembro os alumnos e alumnas de todo o colexio expoñen no recibidor e nos corredores actividades e proxectos que foron realizando nas diferentes materias. No recibidor podemos contemplar entre outras, os lapbooks e as maquetas do proxecto “Abrimos unha porta ao espazo”, así como as maquetas das Capas da Terra, actividades realizadas polos alumnos e alumnas de 1º ESO, o recuncho “Recicla ”que forma parte do APS de 2º ESO “Don R que R”, no que a través dun xogo animarán aos compañeiros a reciclar. Estes alumnos e alumnas tamén darán charlas sobre a reciclaxe aos máis cativos. O alumnado de 3º ESO sorpréndenos coa orixinalidade das súas maquetas do proxecto sobre a Célula e os veteranos/as do colexio, o alumnado de 4º ESO, co seu APS “Enciénciate” serán os encargados de realizar os experimentos.
Ademais contamos coa campaña “Mobilízate pola selva” que promove o alumnado de 1º ESO e cunha exposición de libros de ciencias para que aprender sexa máis divertido e sirva para achegarnos un pouco máis á lectura.
As distintas exposicións poderanse visitar ao longo de toda a semana.
Esperámosvos!!