Taller de cómic, elaboración de historietas, coloreado de máscaras, investigación na web sobre escritores e personaxes de cómic, traballos en equipo e cos irmáns colexiais…. e máis actividades diferentes á vez que motivadoras, todas dentro da I Semana Cultural de Maristas.
Todo está pensado para que todos pasemos unha Semana chea de actividades pero sobre todo que entremos no colexio con outra ilusión. A verdade é que parece outro xa personaxes de cómic por todos os lugares adornan e dan color aos nosos pasillos: Batman e Robin, Zipi e Zape, Os Bolechas, Garfield ou Mafalda entre outros fan que se esperte o interés por coñecer , investigar e ler moitas das súas aventuras, ademáis de practicar escribindo cómics ou debuxando personaxes.
As visitas de Pepe Carreiro, autor dos Bolechas, para Infantil e Primaria e de Gabriel Estaban, diseñador y autor de cómic, para Secundaria, fixeron que esta Semana Cultural acabase con fogos artificiais.