Levamos xa case un mes de colexio no que tocounos adaptarnos a unha nova maneira de estar nas aulas e de relacionarnos.
O mes iniciouse coas reunións coas familias nas que presentar o protocolo COVID. Ditas reunións foron un pouco diferentes ao que tiñamos acostumado ata agora, pero serviron para ir situándonos cara ao inicio de curso.
Nos días 10 e 11 de setembro iniciaron as clases o alumnado de infantil e primaria, que foi descubrindo en anaquiños como funciona o cole este ano, as novas rutinas a incorporar, os hábitos de hixiene a coidar, a importancia de saber cómo estamos e de facer grupo, descubrir novas canles de comunicación on-line…
A partir do 23 de setembro as aulas de secundaria tambén comezaron a súa quenda para encherse de vida e experimentar o novo funcionamento do centro, as novas aulas (mudadas de espazos polo protocolo COVID), hábitos e rutinas novos, ferramentas on-line…
Pouco a pouco pasou a primeiro mes e grazas a colaboración de todos os membros da comunidade educativa as cousas van cara adiante. Queremos aproveitar para darvos as gracias, para recordarvos que é moi importante o compromiso co coidado das normas de seguridade, de hixiene e de protección, e para resaltar que todo funciona se todos facemos a nosa parte. O único xeito de avanzar nestes momentos que tócanos vivir é xuntos.
Adeus setembro! Benvido outubro!