No soso centro apostamos pola mellora das relacións sociais e a convivencia. Por eso, poñemos en marcha, como nos anos anteriores á pandemia, o noso Proxecto de Mediación.
Despóis de varias titorías con toda a clase, comezamos hoxe a formación das nosas catro futuras mediadoras de 5ºEP. Esta formación realízase fora do horario lectivo, o que supón un grandísimo esforzo, un compromiso e moita responsabilidade por todas as partes implicadas.
As relacións entre o alumnado, moitas veces, necesita que alguén que os escoita de tú a tú, sexa quen de darlles esa pauta que necesitan, para mellorar a convivencia.