Este comezo de curso, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, algunhas entidades e clubs deportivos do noso entorno achéganse ao noso centro educativo co gallo de facer promoción do seu deporte en idade escolar.
Nesta ocasión tivemos en setembro ós de Club Balonmán Tui (https://clube-balonman-tui.clubeo.com/) para o alumnado de primaria e os do Club Remo do Miño (https://www.fegar.org/es/club/750/club-remo-do-mino/) para o alumnado de secundaria…. En varias sesións deron a coñecer ambos deportes entre o nosos alumnos que moi participativos implicáronse nos diferentes xogos e dinámicas ofrecidas.
O Club de Remo do Miño cumpre o vindeiro ano 50 anos de actividade fomentando o deporte do Remo en Tui e en todo o Baixo Miño. Na súa promoción, ademais de destacar a cantidade de deportistas olímpicos con que contan o longo de todos estes anos, falaron da man do seu presidente e entrenador do bo ambiente do club e ademais viu acompañado por Brais Núñez, antigo alumno do colexio e medallista nacional. Nas catro sesións co alumnado de secundaria, todos puideron probar os ergómetros que trouxeron, e comprobar as súas cualidades e destezas para este sacrificado deporte. Ademais, foron invitados a achegarse calquera tarde a sede do club á beira do Miño para probar nunha embarcación e deslizarse pola auga.
En resumen, foi unha interesante forma de dar comenzo ó novo curso escolar 2023-24.
Bó curso a todos e a todas!