Xa fai algunhas semanas que estaban esperando a resposta. Traballaron coma formiguiñas para conseguir o mellor dos resultados. O esforzo, a paciencia, a imaxinación, o cansancio, o quedar en días libres, a colaboración, as risas… por fin, tiveron a súa recompensa.
Fálovos dos premios REC-CURTA, un certamen, organizado por Escolas Católicas, que se realiza cada ano co obxectivo de fomentar a creación audiovisual en galego, entre o alumnado dos colexios católicos de Galicia.
Este curso, e como producto do proxecto «3-2-1-Rodando» levado a cabo dende las materias de Historia, Lingua Galega e TIC, o alumnado de 4º ESO realizou as súas curtametraxes con moita ilusión, sendo seleccionadas polo profesorado do Centro duas delas: «Herdanza de sangue» e «La casa Azul«. Aos xuíces do certame non lles pasou desapercibida a calidade dos vídeos presentados e premiaron aos nosos rapaces e rapazas con:
– Premio á Mellor Banda Sonora.
– Premio á Mellor Actriz
Onte, entre nervios e aplausos, recolleron os premios en Santiago de Compostela, no Museo Pedagóxico de Galicia.
O mellor final para un traballo ben feito.