Dende o Área de Lingua da Deputación de Pontevedra, estanse promovendo os Obradoiros Didácticos de REGUEIFA (controversia tradicional en verso, antecedente do RAP).
Os alumnos e alumnas de 2º e 4º ESO, recibiron con moito entusiasmo e interese esta formación. A persoa que a deu, Bieito, fixo unha sesión moi amena e divertida, o alumnado implicouse na actividade con moitas gañas de facer algo bonito e por parte do profesorado só nos queda agradecer esta actividade porque foi unha maneira moi singular de achegar á mocidade, unha tradición, que como ven dicía ao inicio, é o antecedente do RAP.
A estructura é sinxela..
TIRO RIRO RIRO RIRO
TIRO RIRO RIRO RARO
TIRO RIRO RIRO RIRO
TIRO RIRO RIRO RARO
¡A regueifar todo o mundo!