Este venres pasado, celebramos no colexio O Magosto, festa tradicional do outono. Foi unha celebración moi completa, e aínda que o tempo non acompañou, o pasamos moi ben.
Estivemos toda a semana decorando o hall do colexio con cestos de froitos típicos do outono acompañados de debuxos, receitas, follas das árbores… onde sobre todo os máis pequenos poideron aprender un pouco máis da gran variedade de productos desta estación.
Tamén, durante a celebración desta festa, fixemos «La cuelta al cole», carreira solidaria para recaudar fondos para axudar a investigación da leucemia infantil. Xa durante toda a semana se estivo traballando nas clases este tema e intentando sensibilizar tanto ao alumnado coma ás familias.
E por último, asado e degustación das castañas aompañadas de música e baile…todo un día grande.
Aproveitamos para agradecer ás famlias a colaboración coas castañas, os froitos e as aportacións para «La vuelta al cole», así como a aportación de castañas da AMPA e a colaboración, sempre cun soriso, dalgunha familia no asado de castañas. Coma sempre, o profesorado do Centro estivo moi implicado e pendente de todo, e para todo, o que fixera falla.
Gracias por facer deste día, un día no que «Estás en casa».