O 14 de febreiro converteuse nunha data sinalada no calendario, xa fai moitos anos. De feito esta festividade se remonta ao século III en Roma, onde un sacerdote chamado Valentín se xogaba a vida todos os días para poder unir ás parellas en matrimonio.
Neste día conmemoramos as obas deste santo, relacionadas có amor e a afectividade. Na actualidade coñecemos esta data como “Día dos namorados” pero no noso colexio hai tempo que nesta data celebramos O día da Amizade.
Este ano o celebramos cun amencer especial e un xesto común en todas as clases “o encrucillado da amizade”, que faremos escribindo o nome de todos os alumnos e profesores e que vai a decorar as paredes do noso colexio. Nalgunhas clases tamén memorizamos un poema sobre a amizade e coloreamos debuxos.
Pola mañá os mestres e PAS atoparon un pequeno agasallo para comenzar o día dunha forma moi doce!!
FELIZ DÍA DA AMIZADE!