O 20 de novembro conmemórase a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, un tratado internacional que recoñece e protexe os dereitos fundamentais dos nenos e nenas de todo o mundo.
O alumnado traballou de maneira activa e participativa nas diferentes sesións de titorías en colaboración con UNICEF realizando actividades e dinámicas sobre os Dereitos da Infancia, reflexionando non só sobre o que estes significan para eles, senón tamén sobre o impacto que poden ter nas futuras xeracións.
Invitamos a toda a comunidade educativa e ás familias a recordar e celebrar este día con conciencia, entendendo que cada pequeno xesto conta para que os Dereitos da Infancia sexan unha realidade, hoxe e sempre.