O alumnado de 1º ESO presenta un curso máis a campaña “MOBÍLIZATE POLA SELVA”, dentro do proxecto “Minerais de Conflito”, que se realiza dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía.
O obxectivo desta campaña é reunir dispositivos electrónicos en desuso para envialos á empresa Revertia, que os recicla e destina parte dos beneficios ao Instituto Jane Goodall (IJG).
Por que é importante?
A extracción de coltán, casiterita e outros minerais imprescindibles para os nosos móbiles, tablets e ordenadores provocan un gran impacto no noso planeta:
- Conflitos armados: estes minerais son un dos factores que alimentan guerras na República Democrática do Congo, causando millóns de vítimas e refuxiados.
- Explotación humana: a minería ilegal emprega traballo infantil ou semiesclavizado, e recorre a violencia, terrorismo e violacións como ferramentas de dominación.
- Impacto sobre o medio ambiente:
- Deforestación e contaminación que destrúen os hábitats de especies como chimpancés e gorilas, xa en perigo de extinción.
- A presenza de guerrillas e a degradación dos ecosistemas favorecen a caza furtiva e o tráfico ilegal de fauna, aumentando o risco para a vida silvestre.
Con esta campaña, buscamos contribuír á protección da selva e das comunidades locais mediante o reciclaxe responsable de dispositivos electrónicos.
Como podedes colaborar?
- Doando móbiles, as súas baterías e cargadores, funcionen ou non.
- Doando tablets, as súas baterías e cargadores, funcionen ou non.
Onde e cando?
- Colocaremos unha caixa no hall do colexio para recoller as doazóns.
- A campaña comeza durante a Semana da Ciencia, do 23 ao 27 de febreiro e continuará durante unha semana máis.
Cal é o noso obxectivo?
Pretendemos reunir 30 dispositivos electrónicos ou máis para que o Instituto Jane Goodall (IJG) nos agasalle co apadriñamento dun chimpancé durante un ano.
O Instituto Jane Goodall realiza unha labor fundamental en conservación e acción social en todo o mundo. Gran parte dos beneficios das doazóns destínanse a proxectos no Congo, protexendo tanto ás persoas como á fauna e á flora.
Para máis información: https://movilizateporlaselva.org/
E en RRSS: Facebook: @
ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!