O alumnado de 1º ESO quere presentarvos a campaña MOBILÍZATE POLA SELVA, que forma parte do proxecto «Minerais de Conflito» que están a realizar dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía.
O obxectivo desta campaña é reunir móbiles en desuso para envialos a unha empresa que os recicla e que envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG).
Este instituto realiza unha importante obra social e mediambiental en todo o mundo e concretamente no Congo, onde existen graves conflitos derivados en grande medida do enorme consumismo da nosa sociedade. Hai guerras polo coltán, pola casiterita e por outros mineráis empregados na fabricación de aparatos electrónicos (móbiles, ordenadores, consolas…). A explotación infantil nas minas ilegais que provoca a destrución de hábitats de especies como chimpancés e gorilas que agora se atopan en grave perigo debido á caza furtiva e á deforestación.
Cómo podedes colaborar coa campaña?
Aportando un ou máis teléfonos móbiles, en desuso, en funcionamento ou non, con batería pero sen cargador, nin tarxeta SIM nin outros accesorios, e, por suposto, eliminando os datos personais.
Onde e cándo podo colaborar?
No hall do colexio haberá unha caixa para que o alumnado poida depositar os teléfonos móbiles.
Cal é o noso obxectivo?
Conseguir 30 móbiles ou máis. Se o conseguimos o institutuo Jane Goodall agasállanos co apadrinamento dun chimpancé durante un ano.
Certificado apadrinamiento LEMBA
Certificado apadrinamiento ANZAC
A campaña comezará durante a Semana da Ciencia, que se celebrará dende o 22 ao 29 de novembro.
Máis información en https://mobilitzatperlaselva.org/es/
ANIMÁDEVOS A COLABORAR!