En 6º de Educación Infantil empezamos o outono descubrindo unha froita descoñecida para nós. Paseando pola finca do colexio descubrimos unha árbore cuns froitos que parecías mazás. Cando nos achegamos decatámonos que non eran mazás xa que tiñan unha pelusa que as recubrían e non cheiraban coma as mazás.
Recollimos uns poucos deses froitos misteriosos e levámolos á aula para alí descubrir que eran marmelos.
Investigando descubrimos que non se poden comer sen cociñalos primeiro e decidimos buscar receitas por internet. Utilizámolas para atopar as letras que coñecemos, recordar os ordinais que aparecen nas receitas, as cantidades,… Decidimos preparar marmelo na aula e a mestra trouxo todos os instrumentos necesarios para realizalo.
Despois da participación de todos e de seguir a receita paso a paso só nos quedaba probar o marmelo. Descubrimos que estaba doce e que con queixo sabe,…
02
Oct
Objetivo: Mejorar la convivencia escolar.