Este año celebramos un Magosto repleto de actividades.
Comenzamos a mañá facendo os cucuruchos que logo íamos encher de castañas. Despois dun «pouquiño de clase», os maiores foron buscar aos hermanados de cursos máis baixos. Algúns xa se coñecían da celebración de Montagne e outros se coñeceron nese intre. Saímos ó bosque todos xuntos e con entusiasmo foron cara ó bosque para coñecer as indicacións, que alí nos deixara a organización, para saber prantar e coidar unha landra. Todos, maiores e pequenos, co seu vasiño e dúas follas de papel de cociña, colleron a súa landra e a puxeron entre os papeis coma se fora un bebé. Agora hai que coidala moito para que medre grande e san.
Despois O Cross do Magosto, onde dende os pequerrechos de tres anos ata os grandes de todo o cole, correron coma se unha lebre fora diante deles. Moita emoción na liña de meta e moito orgullo cando lles deron as medallas aos gañadores de cada carreira, xunto co segundo e terceiro clasificado.
Entre medias, as castañas, as grandes protagonistas da xornada. Un grupo de profesores, xa experto nesta tarefa, fixo unhas castañas que estaban para chuparse os dedos… bueno é un dicir, porque os dedos da maioría dos rapaces estaban tan negros que a moitos se lles ocorreu que a mellor maneira de rematar a festa era saír pintado do centro.
Non puido ser mellor. Xa estamos esperando ó do ano que ven.
¡Viva o Magosto!