O venres na clase de 6º de EI preparamos un rico biscoito entre todos. Preguntarédevos por que o fixemos?, estamos a descubrir as froitas de outono que hai no noso colexio e a mazá foi a terceira. Con cada unha de elas estamos a facer algo diferente, preparamos marmelo, probamos o mosto e agora biscoito.
A través dunha paleta de intelixencias múltiples realizamos esta divertida actividade que tivo como colmen da mesma a cata da nosa elaboración.
Na intelixencia lingüística coñecemos e verbalizamos o nome dos ingredientes e dos utensilios que precisamos.
Na intelixencia lóxico-matemática contamos os ingredientes da receita así coma os utensilios necesarios.
Na intelixencia naturalista recollemos mazás da maceira do colexio para realizar a receita.
Na intelixencia viso-espacial rodeamos as N que aparecen na receita.
Na intelixencia cinestésica realizamos os diferentes pasos da recita, cortar, remexer,…
Na intelixencia musical cantamos a canción do outono.
Na intelixencia interpersoal axudámonos para seguir os pasos da receita.
Na intelixencia intrapersoal agardamos a quenda para participar na realización da receita e atrevémonos a probar novos sabores.
Durante un bo intre fomos a envexa de todo o colexio xa que o cheiro chegou a todos os espazos do centro e nós divertímonos aprendendo.
02
Dic
Recogida de alimentos no perecederos, sobre todo, leche y cacao, para SOS Tomiño Baixo Miño