Ao abeiro do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia no seu artigo 14º, o Colexio Santa María – Maristas de Tui desenvolve o PLC situando o seu carácter innovador na pretensión de levar a cabo unha práctica escolar que oriente a profesorado, alumnado e demais persoal non docente do colexio cara a un compromiso de contribuír a mellorar a calidade educativa nun eido tan decisivo para o desenvolvemento persoal do alumno e da alumna como é o lingüístico e vehicular accións significativas para acadar a dinamización lingüística que o noso centro esixe e merece.
A dinamización realízase a través das actividades curriculares especificas en cada curso e tambén doutras actividades de centro:
- Día da biblioteca
- Nadal
- Entroido
- Semana do libro
- Semana das letras galegas
- Dinamización da biblioteca do centro en coordinación co proxecto lector do centro.
- Asesoramento na redacción de documentación e contido dixital en galego.
- Concurso de curtametraxes para 4º ESO.
- Radio colexial.
- Actividades orais: contacontos, teatro…
Deixamos a continuación algúns exemplos de actividades: