Que farías para facer da túa escola un lugar de Paz?
Tradicionalmente, a Paz represéntase cunha pomba branca que leva unha rama de oliveira no pico, pero no mundo existen pombas de todas as cores e elas tamén poden ser un símbolo de paz.
Con motivo do Día da Paz quixemos motivar aos alumnos a que escribiran o seu compromiso individual para que a escola sexa un espazo de paz e tolerancia.
No acto colexial, no que asistimos todos os membros da escola, compartimos o noso compromiso, con fin de recoñecer a nosa interconexión, abrazar a diversidade, ter a xustiza como fundamento, a educación para a paz, a solidariedade global, e sustentabilidade e respecto pola Terra.
Como centro referente de Unicef unímonos a súa iniciativa Banderas Blancas para a infancia izando estas banderas como símbolo de paz e esperanza.