Este luns celebramos o Día da Constitución, que ten con obxectivo conmemorar o 6 de decembro de 1978, cando os españois e españolas votaron en referendum á que actualmente temos vixente, e na que se recollen os dereitos e obrigas de tódolos cidadáns.
En 4º ESO estivemos a estudar como moitos dos dereitos que recolle esta e outras constitucións democráticas, son o resultado do traballo de moitos homes e mulleres que ao longo da historia tiveron que cambiar unha sociedade inxusta e desigual.
Aprendemos como as ideas poden cambiar o mundo, e estudiamos tamén, a algúns destes grandes pensadores que iniciaron un movemento chamado a Ilustración.
Compartimos parte destas infografías realizadas polo alumnado de 4º ESO para que coñezades algunhas das persoas que cuestionaron o sistema da súa época e deseñaron o camino ao nacemento do Estado de Benestar e á Constitución que hoxe conmemoramos.