O Día das Letras Galegas comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, por iniciativa de Francisco Ferrnández del Riego e coincidindo co centenario da primeira edición da obra Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.
Dende aquela adícaselle este día a unha figura significativa da nosa literatura, coa única condición de que no ano da súa conmemoración teña pasado un mínimo de dez dende a data de falecemento da persoa homenaxeada. Luisa Villalta Gómez, a homenaxeada deste ano, naceu na cidade da Coruña o 15 de xullo de 1957, na rúa Vila de Laxe, en pleno corazón do barrio do Gurugú.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural, foi autora de obras de teatro, narrativa, ensaio… e poesía, quizais a súa faceta máis coñecida. Obtivo o Título Superior de Violín polo Conservatorio da Coruña, e creou nos anos oitenta, Escaino, un grupo de folk instrumental. Tamén foi compoñente da Orquestra de Santiago de Compostela e da Xove Orquestra de Galicia, formacións que deixou ao adicarse á docencia.
Faleceu na Coruña o 6 de marzo de 2004, á idade de 46 anos, e foi soterrada no cemiterio de Santo Amaro.
No noso colexio fixemos diversas actividades ó longo do mes de maio para coñecer de preto a vida e obra de Luisa Villalta e para conmemorar as Letras Galegas.
¡Feliz día a toda a comunidade educativa!