A protección de menores é un compromiso da Fundación Marista de Compostela e de todos os que participan no seu traballo educativo e social a través de Contigo.
Comprometémonos a tomar todas as medidas necesarias para promover o benestar dos menores, protexelos de todo dano, explotación e abuso, e defender os seus dereitos. A súa seguridade e protección sempre serán a nosa máxima prioridade.
Temos unha Política institucional de Protección á Infancia que fai especial fincapé na formación e sensibilización de toda a comunidade educativa en materia
de prevención e detección, protocolos de actuación, apoio ás vítimas e asesoramento familiar.
O día 25 de abril celébrase o día da loita contra o maltrato infantil, nos centros maristas celebramos a Semana Contigo. Nesta semana realizamos diferentes actividades para sensibilizar sobre a importancia de sentirnos seguros e saber a quen podemos acudir en caso de necesitar axuda.
Celebramos a vida protexendo a infancia!!!