UNHA BOCA SAUDABLE É UNHA BOCA FELIZ

Os/as alumnos/as de 5ºE.I. comezamos a traballar esta semana un ABP titulado:”Que pasa na miña boca?. Con este proxecto aprenderemos a valorar a importancia de levar a cabo unha boa hixiene bucal para que os nosos dentes medren o máis saudables e felices posible. Para elo hoxe contamos coa axuda de Olaia, unha profesional da Hixiene Bucal ,que ademais de ensinarnos a levar a cabo unha limpeza correcta tamén contounos cousas moi interesantes sobre os nosos dentes.
Sabiades que os dentes están formados por un material que é o máis duro que podemos atopar no noso corpo?
So queda darlle as grazas a Olaia polo seu tempo e por ensinarnos a coidar mellor da nosa boca!

Categoría: