SAMAÍN NA EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado venres no noso colexio, as tres clases de infantil transformáronse en meigas, gatos, esqueletos, monstros,… para celebrar a chegada do Samaín.
Ao longo da semana foise realizando unha paleta de intelixencias múltiples en coordinación coas tres mestras de educación infantil e a mestra especialista de inglés. A través desta paleta as nenas e os nenos puideron coñecer un chisco mais da festa de orixe celta de da súa irmá mais nova , halloween.
A grandes resgos o traballado na paleta foi:
Na intelixencia lingüística coñecemos e verbas específicas do Samaín e do halloween.
Na intelixencia lóxico-matemática coñecer as diferentes figuras xeométricas que fixemos na lanterna de Samaín
Na intelixencia naturalista facer a lanterna e degustar o biscoito de cabaza.
Na intelixencia viso-espacial visualizamos as diferentes formas das cabazas.
Na intelixencia cinestésica bailar diferentes cancións relacionadas co Samaín e o Halloween
Na intelixencia musical cantar diferentes cancións relacionadas co Samaín e o Halloween.
Na intelixencia interpersoal facemos a destreza de pensamento compara-contrasta entre o Samaín e o Halloween.
Na intelixencia intrapersoal facemos un debuxo do Samaín.
Foi un xeito moi enriquecedor e lúdico de coñecer un chisco mais da nosa cultura e as nosas raíces.
 

Categoría: