OBRADOIRO DE ROMANOS EN 6º EI

Onte pola mañá a clase de 6º EI foi “invadida” polas nosas familias.
Finalizando o trimestre era o momento de facer partícipes as familias dos nosos alumnos e alumnas do traballo sobre a Antiga Roma que estivemos a levar a cabo durante este trimestre.
Pedímoslles axuda para realizar un obradoiro de disfraces, para poder caracterizarnos coas vestimentas que se utilizaban na antiga Roma.
A clase encheuse de mans dispostas a axudar e as nosas nenas e nenos desfrutaron compartindo con elas a súa aula.
Foron un par de horas nas que todos e todas fixémonos nenos e nenas e compartimos a ilusión por aprender.
¡Moitas grazas a todas as familias!
 

Categoría: