MOBILÍZATE POLA SELVA!!!

O alumnado de 1º ESO quere presentarvos a campaña "MOBÍLIZATE POLA SELVA" que forma parte do proxecto “Minerais de Conflito” que están a realizar dende a materia de Bioloxía e Xeoloxía. O obxectivo desta campaña é reunir móbiles en desuso para envialos a unha empresa que os recicla e que envía parte dos beneficios obtidos ao Instituto Jane Goodall (IJG). Este instituto realiza unha importante labor social e medioambiental en todo o mundo e, concretamente no Congo, onde existen graves conflitos derivados en gran medida do enorme consumismo da nosa sociedade: guerras polo coltán, a casiterita e outros minerais empregados na fabricación de aparatos electrónicos (móbiles, ordenadores, consolas,...), a explotación infantil nas minas ilegais que provoca a destrución dos hábitats de especies como chimpancés e gorilas e que se atopan en grave perigo debido á caza furtiva e a deforestación.

Como podedes colaborar coa Campaña?
Aportando un ou máis teléfonos móbiles en desuso, en funcionamento ou non, con batería pero sen cargador, nin tarxeta SIM nin outro accesorio, e eliminando os datos persoais.
Onde e cando?
No hall do colexio haberá unha caixa para que poidades depositar os teléfonos móbiles. A campaña comezará durante a Semana da Ciencia que se celebrará dende o 18 ao 22 de novembro.
Cal é o noso obxectivo?
Conseguir 30 móbiles ou máis, xa que ao conseguilo o Instituto Jane Goodall agasállanos co apadriñamento dun chimpancé durante un ano.

Para máis información: http://www.movilizateporlaselva.org/es/
ANIMÁDEVOS A COLABORAR!!
 

Categoría: