MIRANDO AO FUTURO

O alumnado de 4º da ESO dende titoría estivo traballando a orientación académico-vocacional. Foron varias as actividades que realizaron.

  •  Sesión ca orientadora na que se informou dos distintos itinerarios educativos e profesionais do noso sistema educativo.
  •  Sesións de titoría levadas a cabo pola súa titora na que se realizaron distintas actividades encamiñadas ao autocoñecemento e a identificar e analizar as súas capacidades, intereses, habilidades e aptitudes.
  •  Entrevista persoal ca orientadora para aclarar dúbidas de carácter persoal e facer un acompañamento na decisión cara o vindeiro curso.
  •  Participación nas xornadas virtuais de orientación profesional os días 25 e 26 de febreiro nas que distintos expertos de todos os ámbitos serviron de inspiración ao noso alumnado para descubrir os novos retos que terán que afrontar unha vez rematada a ESO e que lle serviron de axuda á hora de tomar a súa elección.
Categoría: