MAGOSTO

O pasado venres o noso cole celebrou o tradicional magosto. Como o tempo non acompañou , un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO xunto con outro grupo de mestres e mestras , tivemos que asar as castañas na “ Paloma”, antes de dar comezo aos distintos xogos que se desenvolveron no pavillón. Alí nos reunimos todos, organizados en cinco grupos nos que estabamos os padriños/madriñas cos seus afillados/as, pasámolo en grande! Despois foi a entrega dos premios do concurso de cabaza e de seguido os nosos compañeiros repartiron as castañas quentiñas,comémolas como se non houbese un mañá. Foi unha media mañá moi divertida.
Claudia
 

Categoría: