LEMBA E ANZAC

Esta semana recibimos no colexio os certificados de apadriñamento que conseguimos na Campaña “Mobilízate pola selva”, as chimpancés elixidas polos alumnos e alumnas de 1º ESO foron LEMBA e ANZAC.
As dúas viven no Centro de Recuperación de Tchimpounga, na República do Congo, onde o Instituto Jane Goodall atende ás súas necesidades. Alí Anzac pasa a maior parte do tempo saltando de árbore en árbore e facendo travesuras, outras veces vai a una árbore solitaria e pasa longos períodos de tempo mirando a paisaxe, quizais lembrando a liberdade da selva… Lemba segue someténdose a novas terapias que lle proporciona o equipo do Instituto Jane Goodall, xa que foi vítima da poliomielite e quedou paralizada das súas catro extremidades, aínda que puido recuperar a mobilidade dos seus brazos non o puido facer das súas pernas, Lemba desprázase por un circuíto de cordas que lle construíron no centro e alí entrena os seus músculos xunto co seu amigo Álex.
Unha vez máis moitas grazas por colaborar en brindarlle a estas chimpancés a oportunidade dunha vida mellor.
 

Categoría: