A HORTA DE INFANTIL

Como vai sendo tradición nestes últimos anos os nenos e as nenas de educación infantil do noso colexio puxémonos mans á obra para facer a nosa horta.
As alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de E.I. desfrutamos a semana pasada dunhas duras xornadas de plantío. Primeiro fomos 4º e 5º de E.I. para plantar tomates, pementos, leituga, cabazas,... Emporcallamos as mans e pasámonolo xenial.
Ao día seguinte os maiores de 6º de E.I. saíron ao mercado a conseguir as plantas que nos faltaban: leitugas, tomates pera, pementos de padróns, amarelos,...
Tiveron moitísima sorte e foron obsequiados coas plantas. Viñeron felices para o colexio despois de ir coa súa lista da compra e de coñecer a persoas tan xenerosas con eles.
Despois de plantar todo só nos queda seguir a coidar da horta, indo a regala todos os días e a quitarlle esas malas herbas que van aparecendo.
 

Categoría: