FACEMOS ZUME DE LARANXA

Onte as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil convertéronse en cociñeiros.
O primeiro paso foi facer uns gorros de cociñeiros e cociñeiras acordes á tarefa que íamos emprender.
Como temos a sorte de ter unha fabulosa finca no colexio e uns irmáns maristas estupendos que nos deron permiso para recoller laranxas e limóns nela, iso fixemos cunha gran cesta.
Recollimos das árbores un montón de laranxas e limóns que levamos a clase. Alí ulimos, tocamos, pesamos,… as laranxas e limón e descubrimos as súas diferenzas e similitudes utilizando diferentes sentidos.
Antes de facer o zume probamos as laranxas tomando uns cantos tetos que estaban superdoces.
Despois puxémonos mans á obra para facer un delicioso zume coas laranxas. Cada un dos nenos e nenas exprimiron laranxas e saborearon o seu zume.
Pasámolo en grande e tomamos unha bebida moi saudable.
 

Categoría: