ENTROIDO 2020

Este ano, o entroido Marista foi “De Película”, cada clase disfrazouse da súa película favorita. Dende os alumnos de infantil ata os de secundaria xunto a  profesores, déronnos unha lección de bo humor, diversión, participación, saber estar etc que nos  enche de orgullo.
Ademáis tivemos a nosa particular entrega de Óscar ó finalizar o desfile, os “MARISTOSCARS”, que igual que nos Óscar de verdade, non siempre caeron ó gusto de todos, xa que todos  mereceron os aplausos dos seus compañeiros no desfile que se levou a cabo durante la queima da Meca.
Tamén estuvieron moi simpáticos os regueifeirios, que nos sacaron algunha carcaxada a profes e alumnos.
Cabe destacar a actuación de baile dos alumnos de 4º da ESO, que iban disfrazados de personaxes da película Teen Beach Movie, estiveron moi coordinados demostrando o traballo que fixeron.
Dende o Equipo Cultural, queremos felicitar e agradecer ás familias que nos acompañaron durante o percorrido por Tui, axudando á policía municipal a que fose un desfile moito máis seguro.
 Agradecemos tamén a colaboración da ANPA do noso colexio, contratando á charanga que nos acompañou e animou durante todo o percorrido e prestándonos o altavoz para que a música sonara en todo momento.
Grazas a todos, profesores e alumnos por un entroido tan alegre, divertido e participativo. Equipo Cultural
 

Categoría: