Descubrimos o outono no colexio

Este curso moitas cousas son diferentes pero o que non cambia é a chegada do outono. Temos a sorte de ter un colexio cunha finca enorme na que hai gran variedade de árbores con múltiples cores.
Un dos obxectivos na educación infantil é coñecer e apreciar os cambios na nosa contorna así coma traballar as cores. No noso centro xuntamos eses dous obxectivos para descubrir semana a semana os cambios que acontecen na contorna do noso centro e as diferentes cores típicas do outono.
Tamén aproveitamos para traballar os números recollendo follas de diferentes cores, castañas, paus de diferentes lonxitudes,... Todo isto nun entorno san, limpo e seguro compartindo experiencias e fortalecendo lazos emocionais e a motricidade dos nosos alumnos a alumnas.

¿Que mais podemos pedir?

Unha aperta dende as clases de Educación Infantil.
 

Categoría: