Día escolar da Paz e a Non Violencia

Hoxe conmemoramos o Día Escolar da non violencia e a Paz. Gustaríanos compartir con todo vós unha pequena pincelada do traballo que estivemos a levar a cabo durante estes días. Vídeo

En cada clase profundizaron na cultura da paz a través de distintas persoas, sobre todo premios da paz, que contribuiron a que o mundo sexa un lugar mellor no referido a convivencia, tolerancia e respecto entre as persoas.

Cremos que este ano, máis que nunca, é importante celebrar este día porque na situación de pandemia que vivimos percibimos dun xeito máis profundo a humanidade en todos os pobos do mundo e as diferenzas sociais, económicas, de raza, cultura ou relixión son menos.

Fagamos entre todos un mundo máis xusto, solidario e humano.

Categoría: