Día da Familia Marista

O día da FAMILIA MARISTA é un momento de encontro e familia que celebramos no Colexio de Tui, en lembraza de San Marcelino Champagnat fundador dos Maristas. Cada familia participa libremente das distintas propostas que o horario da xornada ofrece. Para elo, pedimos que prestedes especial atención ás indicacións que acompañan ó horario.

Os espazos deste Centro (bosque, campos de xogo, pavillón, igrexa ...) son un marco ideal para gozar xuntos e en familia dun día de convivencia, entre todos cantos formamos a Comunidade Educativa dos Colexios de Vigo e Tui. O encontro de ambos Centros é unha ocasicón de compartir e celebrar xuntos o que nos une.

Esperando contar coa vosa participación, recibide un saúdo.

Categoría: