CONTOS POLA IGUALDADE

Onte as nenas e nenos de Educación Infantil e 1º de Educación primaria asistiron a actuación ca contacontos Raquel Queizás. “A través de Queliña, unha nena que quere ser piloto, rompe os estereotipos que abundan nos contos e preséntanos a nenas decididas e nenos sensibles. A través dos contos con esta obra búscase previr dende a nenez todo tipo de violencia mediante novos modelos de feminidade e masculinidade rachando así cos roles e estereotipos asignados.”
Escoitamos, participamos, rimos, bailamos, desfrutamos moito dos contos e da compañía de alumnas e alumnos de outros centros educativos de Tui.
Agardamos pola seguinte iniciativa do Concello de Tui para participar activamente con todos.
 

Categoría: