Celebración do Samaín en Educación Infantil

Esta semana estivemos a celebrar no noso colexio a antiga tradición galega do Samaín. Os nenos e as nenas de Educación Infantil achegáronse a esta costume galega. Celébrase a noite do 31 de outubro coincidindo co ano novo celta. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o mundo dos vivos e dos mortos e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de alimento.
As mascotas de infantil encargáronse de traer unhas boas cabazas e as mestras fixeron as lanternas. Coa carne que sacamos delas fixemos entre todos o da clase un biscoito boísimo do que non deixamos nin as migas.
Nesta semana varios nenos e nenas trouxeron merendas monstruosas que desfrutaron na hora da merenda.
Fixemos debuxos monstruosos e unha boa máscara de morcego e como colofón desta semana o venres fomos todos disfrazados ao colexio para morrernos coa risa.

¡FELIZ SAMAÍN!
 

Categoría: