8M - Día da muller

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo é a data na que en moitas partes do mundo se conmemora o Día Internacional da Muller, formalizado polas Nacións Unidas en 1975.

Este día converteuse nunha xornada en pro da igualdade pero seguramente vos preguntades cal é a súa orixe e porque se recoñece este 8 de marzo de forma internacional.

Para explicalo temos que viaxar a finais do século XIX e principios do XX durante o movemento obreiro, no que a muller tamén comezou a alzar a súa voz pedindo o dereito a voto. Unha destas mulleres foi a alemaña Clara Zetkin.

Zetkin suxeriu a idea de conmemorar un día da muller a nivel global en 1910 na Conferencia Internacional da Muller Traballadora en Copenhague (Dinamarca).

A súa proposta foi escoitada por un centenar de mulleres procedentes de 17 países e aprobada de forma unánime, aínda que sen acordar unha data concreta. O primeiro Día Internacional da Muller celebrouse o 19 de marzo de 1911 e reuniu a máis dun millón de persoas que ademais do dereito a voto e a ocupar cargos públicos, esixía á formación profesional e a non discriminación laboral.

Finalmente serán os acontecementos vividos en Rusia no marco dos movementos en pro da paz que xurdiron na Primeira Guerra Mundial, na que miles de mulleres en 1917 saen as rúas baixo o lema “PAN e PAZ” os que terminen establecendo unha data definitiva. A data na que comezou esta folga das mulleres rusas no calendario xuliano foi o 23 de febreiro, pero ese mesmo día no calendario gregoriano foi o 8 de marzo, e esa é a data pola que se celebra agora.

O alumnado de 4º da ESO estivo estudando en clase a Revolución industrial, a primeira guerra mundial, o movemento feminista e sufraxista, e tamén a Revolución Rusa. Dentro dese contexto realizaron un sites sobre a primeira muller que recibiu o Premio Nobel da Paz, Jane Adams unha traballadora social feminista, pacifista e reformadora estadounidense que ben serve de exemplo desas primeiras mulleres que loitaron pola igualdade e para que se nos recoñecese o dereito a voto.

Compartimos con vos algúns destes sites, os elaborados por:

- Nº 2 María Álvarez A. 

- Nº 25 Lucas Rodríguez D. 

- Nº 27 Eva Rodríguea R. 

 

 

Categoría: