Os ODS (Obxectivos de Desenrolo Sostenible) son un pilar importante na educación xa que son 17 objetivos globales adoptados por la ONU para transformar el mundo antes de 2030. Cremos que calquera iniciativa que promova que os nenos e nenas, os adolescentes e tambén os maiores pensemos no coidado do noso planeta é moi importante.
Este ano, no V Congreso dos ODS de Tui, participaron varios cursos do noso centro..
O alumnado de 4º ESO fíxoo, o primeiro día do Congreso, coa presentación do seu proxecto de creación de xabóns a partir de aceite usado.
O proxecto ten por título R&A (Reutilizamos Aceite) e os beneficios que producen estes xabóns son varios, entre os que destancan, que haxa menos residuos de cara á protección e coidado do medio ambiente e que, polo feito de non levar sustancias químicas agresivas, son respetuosos coa pel.
Se traballaron de maneira transversal os ODS 4, ODS 5, ODS 12 e ODS 13.
No segundo día de Congreso o alumnado de 1º e 2º ESO participou con SED (Solidaridade, Educación e Desenrolo) compartindo o aprendico na clase sobre o coidado do medio ambiente, a importancia da igualdade e o acceso á educación, entre outros temas clave que forman parte dos ODS
O tercero día o alumnado de 4º EP asistiu ao Congreso para presentar o Proxecto Apípolis. Este proxecto levárono a cabo na clase e aprenderon moito sobre o tema da apicultura: clases de abellas, a importancia das abellas no planeta, os ODS máis vinculados ás abellas, tamén lles resultou moi interesante coñecer todos os productos que obtemos destes pequenos e moi traballadores insectos.
Todos estes coñecementos os aprenderon traballando en equipo, investigando , sacando conclusións…e os remataron visitando unha granxa escola adicada as nosas protagonistas onde poideron entrar nas colmeas, extraer o mel e envasalo, facer velas coa cera das abellas así como cociñar e comer galletas elaboradas con mel.
Neste congreso intentaron explicarlles ós asistentes moitos destes coñecementos, con pequenas explicacións teóricas así como pequenas actividades prácticas, transmitindo con pasión a importancia das abellas no planeta para conseguir os ODS no ano 2030.
Seguindo coas actividades do Congreso dos ODS, o xoves 5 pola tarde, dúas alumnas do noso colexio, Sabela 4º EP e Elsa 5º EP, participaron na mesa redonda “Respeto e coidado dos animais” celebrada no Mercado de San Antonio, onde poideron dar a súa opinión sobre o maltrato animal, coidados que precisan, condicións para poder ter un animal… Esta actividade resultou do máis interesante e permitiu dar voz ós máis pequenos sobre este tema de tanta actualidade e importancia.
Dende o noso colexio estamos moi orgullosos da implicación do noso alumnado e agradecemos a invitación a participar aos promotores e organizadores desta actividade.