Colegio

CORAZÓN DE CARBALLO 5º E 6ºEP

Excursión formativa en medio ambiente no Centro Corazón de Carballo. O alumnado de 5° e 6° de educación primaria disfrutaron dun montón de actividades onde aprenderon diferentes contidos sobre Medio Ambiente e realizaron in situ un taller de Reciclaxe



CHARLA FORMATIVA "O MONTE VIVO "

Ricardo e Norberto, axentes medioambientais da Xunta de Galicia, fixéronnos partícipes dunha formación cuio obxectivo foi facernos conscientes da importancia das nosas actitudes e conductas no medio ambiente e as consecuencias para o mesmo



RECOLLIDA SOLIDARIA DE ROUPA USADA

Agradecemos a colaboración de todas as familias que fixeron posible que a recollida de roupa usada  fose todo un éxito.Grazas por apoiarnos na nosa iniciativa de educar na Solidariedade



Programa de froita fresca da Xunta de Galicia

Esta semana comeza o programa da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural, de achegar gratuitamente aos nosos nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria froita fresca.
Cada día ao longo das vindeiras dúas semanas degustarán diferentes tipos de froita coma: fresas, plátanos, kiwis, peras,... Farase o reparto antes da hora do patio para que as poidan tomar coma merenda.



QUE ANIMALADA!

Celebración do entroido 2019.



CAMISETA E MOCHILA SED 2019

Xa podes encargar a túa camiseta ou mochila SED 2019!!!



Equipo de solidariedade - SED

Estimadas familias, como xa sabedes durante o segundo trimestre do curso levaranse a cabo diferentes actividades de solidariedade (das cales vos iremos informando) promovidas dende o Equipo de Solidariedade-SED e englobadas na xa tradicional Semana solidaria que este ano se realizará durante a semana do 1 ao 5 de abril de 2019.



Charla formativa do plan director

Charla formativa do plan director para a mellora da convivencia nos centros educativos e no seu contorno da Xunta de Galicia: Internet e as redes sociais. Os adultos temos que acompañar e protexer aos menores neste ámbito da súa realidade.



ORIENTACIÓN VOCACIONAL 4ºESO

Os días 27, 28 e 29 de febreiro levamos a cabo as xornadas de orientación vocacional. Os nenos de 4º da ESO acuden a distintos eventos e charlas para informarse de todas as posibilidades académicas e laborais de cara ó seu futuro. Visitan a nosa escola representantes dos distintos insititutos da zona, persoal informático e membros do exército. Do 1 ao 20 de marzo os alumn@s poderán facer a prematrícula de bacharelato, formación profesional...



EXCURSIÓN ALCAMPO

Primero cuando entramos nos enseñaron frutas y verduras. Había frutas raras como la papaya, el papayón o el plátano macho. Después fuimos a la carnicería, donde había corazones, sesos y mucha carne. En la pescadería nos enseñaron los mariscos, los mejillones y los centollos que se escapaban, ¡porque estaban vivos!



Páginas

Suscribirse a RSS - Colegio