Colegio

GRADUACIÓN 4º ESO

Esta semana despedimos a outra promoción de alumnos, trátase dos nacidos no ano 2003 e que, a maioría deles, levan no cole 13 anos... toda unha vida. Desexámosvos o mellor na vosa nova etapa!!!



REVISTA APRENDE A ESCOITALOS

A revista Aprende a Escoitalos na que participamos os colexios de Tui xa está na web do Concello e tamén podedes acceder a ela a través da segunte ligazón

http://tui.gal/gl/aprende-escoitalos



ALOIADA 6º EP

Os nosos alumn@s de 6º EP preparados para participar na Aloiada cos demáis colexios de Tui



VISITA CASCO VELLO DE TUI 5ºEP



SED 2019 EN TUI

Estimadas familias:
O Equipo de Solidariedade quere darvos as grazas pola participación que ao longo do curso tivestes, sobretodo na campaña de SED, na que conseguimos mandar unha aportación de 1520 € a nosa ONG, para colaborar no proxecto de Horizontes al Futuro.
Aproveitamos a ocasión para facer público o gañador no concurso de fotografía da IX Andaina da Solidariedade que foi a familia Fernández González.



VISITA A ADEGA TERRASGAUDA

O pasado 31 de maio os alumn@s de 3º  e 4º EP visitaron a Adega Terrasgauda. Estivemos nos viñedos, no interior da adega aprendendo o proceso de elaboración do viño e incluso poidemos ver o tren de envasado e etiquetado dun dos viños chamado "Abadía de San Campio". Por último degustamos un sabrosísimo mosto ... moitas grazas Terrasgauda!!! 



Día da Familia Marista

O día da FAMILIA MARISTA é un momento de encontro e familia que celebramos no Colexio de Tui, en lembraza de San Marcelino Champagnat fundador dos Maristas. Cada familia participa libremente das distintas propostas que o horario da xornada ofrece. Para elo, pedimos que prestedes especial atención ás indicacións que acompañan ó horario.



Paseo no Cabo Fradera

Hoxe pola mañá nenos e nenas de Educación infantil do noso colexio desfrutamos dun fermoso paseo polo río Miño grazas á invitación da Comandancia do Miño.
As nenas e nenos acompañados de algúns familiares descubriron as partes dun barco, un dos mais antigos da armada española.
Tanto o comandante coma os mariñeiros estiveron atentos a nós en todo momento e fixeron que pasaramos unha xornada moi especial.
¡¡Grazas a todos!!
 



A HORTA DE INFANTIL

Como vai sendo tradición nestes últimos anos os nenos e as nenas de educación infantil do noso colexio puxémonos mans á obra para facer a nosa horta.
As alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º de E.I. desfrutamos a semana pasada dunhas duras xornadas de plantío. Primeiro fomos 4º e 5º de E.I. para plantar tomates, pementos, leituga, cabazas,... Emporcallamos as mans e pasámonolo xenial.



Ayudas curso 2019 - 2020

Estimadas familias, dejamos a vuestra disposición información importante sobre las ayudas de la Xunta de Galicia para el curso 2019/20.



Páginas

Suscribirse a RSS - Colegio