Estimadas familias:
O 18 de maio publicouse no DOG a seguinte orde: ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
Deixámosvos a información máis relevante sobre a mesma:
Destinatarios:
- Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
- En 3º e 5º de EP e 1º e 3º da ESO permitirase a substitucion dos libros de texto para a adaptación dos curriculos que establece a Lei organica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei organica de educación (LOMLOE).
- En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/2022.
- Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educacion especial (EE); asi como as axudas que pode recibir o alumnado incluido na disposicion adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposicion adicional segunda (necesidades especificas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fara constar o centro na solicitude.
- Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Presentación de solicitudes
- Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (ED330B) os pais, as nais, os titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2.
- A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso.
- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- O formulario de solicitude tamén estará dispoñible nos centros educativos e na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- A solicitude deberá estar asinada polo pai, pola nai, polo/a titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.
Prazo para presentar solicitudes e listaxes:
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
- Publicacións das listaxes provisionais: o 11 de xullo de 2022.
- Publicacións das listaxes definitivas: o 22 de xullo de 2022.
Para entregar a documentación no centro é necesario pedir cita previa con administración.