As tres clases de Infantil de Maristas Tui viaxan a: “Donde viven los cuentos”
O pasado 17 de xuño, as tres clases de Educación Infantil do Colexio Marista Santa María de Tui vivimos unha xornada inesquecible de fin de curso. Cambiamos as aulas polas mochilas, a ilusión e unha viaxe en autobús rumbo a Nigrán, un lugar máxico onde descubrimos, nada máis e nada menos, ¡Donde viven los cuentos!
A viaxe dende Tui comezou con cancións e miradas de emoción a través dos portelos do autobús. Ao chegar ao noso destino, a contorna natural rodeounos e a fantasía fíxose realidade a través de tres grandes momentos:
Obradoiro de pegadas: ¡Pequenos detectives da natureza!
Provistos de moita curiosidade, os alumnos e alumnas de Maristas convertéronse en auténticos rastreadores. Aprendemos a observar o chan, a descifrar os segredos da terra e a identificar que animais camiñan polos nosos bosques. Cada un puido experimentar e descubrir as formas e siluetas que deixan as pegadas na natureza e facer unha para levala para casa.
Obradoiro de cociñado: ¡Mans na masa!
Convertidos en grandes chefs e coas mans ben limpas, chegou o momento máis doce do día. Neste obradoiro de cociña, os pequenos mesturaron ingredientes e moldearon as súas propias galletas, o forno quedou para as profesionais. O cheiro a galleta recén feita inundou o lugar, abrindo o apetito e enchendo a todos de orgullo polas súas deliciosas creacións.
O conto final: A maxia das palabras
Como broche de ouro dunha boa excursión, reunímonos todos xuntos para gozar dun marabilloso conto final. Cos ollos abertos de par en par e en absoluto silencio, os nenos mergulláronse nunha historia chea de fantasía que serviu para pechar un día de convivencia, risas e moito aprendizaxe fóra do colexio.
Regresamos no autobús cara a Tui cansados pero coa mochila chea de recordos, galletas, pegadas e sorrisos.
¡Unha despedida de curso perfecta para os nosos pequenos e pequenas aventureiros de Infantil!