Este curso, despois de 2 anos de parón a causa da COVID, por fin podemos retomar no colexio unha actividade moi motivadora para os nosos alumnos, o Apadriñamento Lector.
Trátase dun proxecto de animación á lectura no que participa case todo a o alumnado do colexio onde os alumnos e as clases se emparellan de xeito que teñen varios encontros ó longo de todo o curso.
Nestes encontros lévanse a cabo actividades diversas coas cales vai medrando entre os rapaces unha relación máis alá do estrictamente académico. Os maiores están encantados axudando e coñecendo o traballo dos máis pequenos e éstes admiran e respectan o traballo dos maiores.
As actividades que realizan xuntos van dende a lectura dun conto ou historia, un traballo en parellas sobre algún personaxe coñecido para eles, aprender a recitar unha panxoliña ou poema, cumprimentar unha ficha de lectura… e todas aquelas actividades que os mestres crean que pode resultarlle enriquecedor para ámbolos dous membros da parella padriño-afillado lector.