A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! está elaborando catro programas de radio en catro cidades polas que pasa o Camiño de Santiago, para recoller o patrimonio inmaterial galego-portugués. Tui foi este venres unha desas cidades e o noso alumnado de 4 ESO participou como público invitado e tamén como locutores. Claudia Pereira e Martín Montes entrevistaron á cineasta tudense, Diana Gonçalves e á artista tomiñesa Andrea Pousa.
A experiencia foi do máis enriquecedora.
Podedes ver o programa en pontenasondas.org