Noticias

Gañadores no RE- CURTA

O pasado venres un grupo de alumnado de 4ª ESO acudiron a Santiago a entrega dos premios de cortametraxes RE-CURTA ao estar nominados en varias categorías. A sorpresa foi maiúscula a verse gañadores na modalidade de “ mellor guión” co título“ O xogo do acoso “, acadar un accésit polas localizacións coa curta “O xogo da guerra” e o recibir Nadia unha mención especial a interpretación feminina. A todos eles a nosa NORABOA.



A nosa horta

Chegado o bo tempo é hora de preparar a horta en Infantil.

O pasado xoves os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil do noso colexio saíron ao mercado a mercar as plantas necesarias para a súa horta. Para elo previamente na clase escribiron unha lista do que querían mercar.



Rebumbio Matemático

Este venres 27 de abril 3 alumnos da clase de 6º E.P. participaron no Rebumbio Matemático onde 20 colexios da zona de Vigo competían por demostrar os seus mellores razoamentos matemáticos.



Celebración do día do libro

Hoxe 23 de abril de 2018 no noso centro celébrase o día do libro. Este ano adicámosllo a Gloria Fuertes no 20 aniversario do seu pasamento.

Durante a semana pasada os nenos e nenas do noso centro foron traendo fotografías deles lendo nos seus recunchos favoritos e con elas fixemos un pequeno recanto lector. Tamén foron traendo pequenas xoias de Gloria Fuertes para redescubrila aqueles que xa a coñecíamos e para descubrirlla as novas xeracións.



Jornadas de innovación

Tres profes del cole participan en las jornadas de innovación en la ciudad de la cultura de Santiago, una de ellas como ponente.



SEMANA SOLIDARIA

Como vimos facendo outros anos, teremos do 16 ao 20 de abril do 2018 a Semana Solidaria dedicada ao lema deste ano da ONGD SED: “A verdadeira felicidade non custa cartos” e o día 19 de maio a VIII Andaina da Solidariedade.

- Camisetas SED

- Titoría: “A verdadeira felicidade non custa cartos”



Viaje a Madrid

Los alumnos de 4º de ESO están realizando estos días el viaje de fin de curso en Madrid. El viaje además de ser lúdico también es cultural y visitarán Museo del Prado, Parque de Atracciones, musical de El Rey León, etc.



Páginas