Xavier Estévez

O pasado 30 de Abril visitou o noso colexio o escritor Xavier Estévez, concretamente estivo charlando cos alumnos de 5ºEP xa que na asignatura de Lingua Galega traballamos dúas das súas obras "A rapaza da fiestra" e "Todos os soños". Resultou moi entretida e sorprendente a charla con Xavier, aproveitamos para preguntarlle varias dúbidas que xurdiron coa lectura dos libros . El contounos moitas cousas como o tempo que lle levou escribir os libros, en quen se inspirou para as dúas obras, os títulos dos libros que ten no mercado ou o moito que lle gusta escribir. Esperamos seguir disfrutando das súas obras durante moito tempo.

Categoría: