VISITA DE INFANTIL A "PAZ Y BIEN"

Onte pola mañá tivemos a sorte @s alumn@s de 4º e 5º de Educación Infantil de participar nunha actividade interxeneracional na residencia tudense “Paz y Bien”.
Saimos ilusionados do colexio nada mais chegar e camiñamos a bo ritmo impacientes por chegar. Descubrimos a baixada da Tafona e o lavadeiro de Riomuiños e a súa fonte.
Nada mais chegar recibíronnos as responsables das actividades Mónica e Patricia e leváronnos canda aos maiores para participar nunha actividade de musicoterapia cun mestre moi simpático.
Repartiron instrumentos e participamos de diferentes cancións facendo o acompañamento instrumental. Bailamos, cantamos, rimos,… e pasámolo xenial.
Os nosos pequenos queren repetir e polo que nos dixeron os maiores tamén, así que xa atoparemos outra data para voltar a divertirnos xuntos.
 

Categoría: